Festa da Vendima de Leiro, celebrando a colleita

Festa da Vendima de Leiro, celebrando a colleita

| Caldaria Hoteles y Balnearios

Alegría, cor e tradición. Eses son os tres alicerces fundamentais dunha das celebracións máis atávicas da comarca do Ribeiro. A Festa da Vendima ponlle diversión a tarefa final do ciclo do coidado da vide. Antes de mergullarse de cheo nas labores de recolección que comezan, por norma a mediados do mes de septembro, Leiro e toda a comarca celebra o ano de traballo nesta festa que, o vindeiro domingo 25 de agosto acada a súa XXX edición.

Tradición

A Festas da Vendima leva xa tres décadas homenaxeando ao produto estrela da comarca do Ribeiro, a uva. Pero esta celebración etnográfica non só presta atención á materia prima ou ao elaborado, o viño, senón que fai fincapé na dura labor que desempeñan os agricultores da comarca durante todo o ano para coidar o seu froito.

En la región se cultivan alrededor de 3.000 hectáreas de viñas

De xeración en xeración, o traballo do campo relacionado coa viticultura ten sido parte fundamental do tecido económico da comarca. Se ben a relación entre o esforzo e a recompensa económica en moitos casos non se atopa á altura, o certo é que coas viñas existe ademáis un vínculo emocional, unha herdanza que pasa de pais a fillos adherida á terra.

Malia que o campo é o que nos alimenta, as profesións relacionadas con el non sempre contan coa consideración social que merece. Por iso, merecen unha celebración na que, no medio de desfiles, diversión e viño, se recoñeza o seu traballo e a tradición que conservan.

Uvas

A festa do viño

Os veciños da comarca prepáranse durante semanas para a celebración da Festa da Vendima, unha das celebracións máis lonxevas da calendario festivo do verán en Ourense. Unha das partes centrais da xornada e o tradicional desfile de carrozas. Os remolques de coches e tractores serven para sacar a rúa pedazos de viñedos, lagares e bodegas para gozo da xente da zona e de turistas.

Nas xornadas previas, as plataformas perden a súa apariencia habitual e transfórmanse en escenas tradicionais que os veciños recrean con todo tipo de materiales: terra, madeira, pedras, ramas de vide...

A medida que as carrozas desfilan polo centro da localidade poderás mergullarte nun xantar no campo, no traballo das bodegas ou nas labores que durante todo o ano se desenvolven nas viñas. Iso sí, cunha dosa extra de alegría e diversión.

Festa da Vendima

Unha festa para todos

Nenos, mozos e menos mozos, todos participan la Feira da Vendima xa que, ademáis de desfiles e xantar, contará con actividades para os máis pequenos e moita, moita música e diversión.

Unha mostra de artesanía, música e un xantar popular adoitan completar a xornada ata a entrega dos premios que recoñecen as mellores carrozas.

Pero o verdadeiramente importante da xornada é conseguir que por un día, a esencia do Ribeiro, a vide e o viño, teña o seu lugar e festexar a tradición do produto máis relevante da comarca.

A cita tela o 25 de agosto en Leiro. Podes comezar a fin de semana cun sábado na Festa da Istoria e despois de tanta marcha, unha parada en Caldaria, o balneario de Laias está ben preto!

San Clodio

Foto: http://bit.ly/2YGk3dm

Qué ver en Leiro

Leiro é unha comarca que merece a pena visitar. Leiro é sinónimo de natureza e, por tanto, os roteiros de sendeirismos e as camiñadas polo monte son as súas principais actividades ao aire libre. Finais de agosto e principio de setembro son as mellores datas para un roteiro por esta comerca xa que a calor non é excesivo.

Que podes visitar na zona? Deixámosche unha lista de lugares próximos para visitar:

  • Paseo fluvial do río Avia
  • Mosteiro de San Clodio (seguindo o val do Avia)
  • Iglesia de Santa María en Beade
  • Viña Meín

Parada en Caldaria

E despois de tanta festa, como podes ter un momento de relax? Achegándote ata o balneario de Laias para gozar de experiencias termais coma un circuito termal ou unha boa masaxe. O balneario de Laias está moi preto de Leiro, polo que pode ser unha opción perfecta para uns días de relaxación completos na comarca de O Ribeiro.

Te puede interesar